Entradas

Mostrando entradas de abril, 2024

Becas NEAE 2024/2025

Imagen
Prazo: do 30/04/2024 ao 13/09/2024 Gustaríame deixarvos diferentes enlaces á información de Becas NEAE, para aquel alumnado que presente necesidades específicas de apoio educativo derivadas de: discapacidade (igual ou superior ao 25%), trastornos graves de conduta, trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais ou altas capacidades. Tamén se inclúe alumnado con TDAH cunha discapacidade recoñecida (igual ou superior ao 25%), ou que presente un trastorno grave de conducta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais. A data de entrega é ata o 13 de setembro . Debedes cumprimentar a solicitude en liña, imprimila, asinala e deixala con toda a documentación pertinente en administración, para darlle rexistro de entrada. Despois será revisada e, de faltar algunha documentación, se vos notificará para que a poidades achegar. Tedes toda a información máis detallada de cómo tramitar as becas nos segu