Bolsas NEAE 2024/2025

Prazo: do 30/04/2024 ao 13/09/2024

Gustaríame deixarvos diferentes enlaces á información de Becas NEAE, para aquel alumnado que presente necesidades específicas de apoio educativo derivadas de: discapacidade (igual ou superior ao 25%), trastornos graves de conduta, trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais ou altas capacidades. Tamén se inclúe alumnado con TDAH cunha discapacidade recoñecida (igual ou superior ao 25%), ou que presente un trastorno grave de conducta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais.

A data de entrega é ata o 13 de setembro. Debedes cumprimentar a solicitude en liña, imprimila, asinala e deixala con toda a documentación pertinente en administración, para darlle rexistro de entrada. Despois será revisada e, de faltar algunha documentación, se vos notificará para que a poidades achegar.

Tedes toda a información máis detallada de cómo tramitar as becas nos seguintes enlaces:

Sede electrónica para realizar a solicitude

Información sobre as becas: requisitos, prazos, procedemento, documentación necesaria...

Se necesitades resolver calquera dúbida ao respecto, podedes chamar ao centro e preguntar por Orientación.                  *De precisar cita, será necesario solicitala previamente.




Comentarios

Entradas populares de este blog

Día Internacional das Familias