Obxectivos do Blogue



O presente blogue créase coa intención de facervos chegar ás familias recursos de axuda e apoio, especialmente a nivel emocional. 
Cobra vida nunhas circunstancias excepcionais, nas que é necesario que todos esteamos máis cerca que nunca, a pesar do afastamento, e xuntar as nosas forzas en clamor do benestar común.

Por este motivo, se ben dispoñedes dunha carpeta repleta de recursos na páxina web do centro: Eu quédome na casa, aquí centrarémonos no ámbito máis importante agora mesmo, o emocional. 
Deste xeito, iremos publicando diferentes entradas, con recursos diversos, que poidan servir de apoio á magnífica labor que estades levando a cabo cos vosxs fillxs nestes momentos.

E que mellor día que o 15 de mayo, Día Internacional das Familias, para darlle vida a este blogue adicado a vos.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Bolsas NEAE 2024/2025

Día Internacional das Familias