Expresamos e liberamos as nosas emocións
Nesta nova entrada, con vistas ao remate das clases, propoñémovos diferentes tipos
de actividades, para realizar individualmente ou compartir en familia, coas que
poidades expresar libremente as vosas emocións, sensacións…
Sabemos que este curso foi diferente, cheo de imprevistos e,
probablemente, confusión e sentimentos encontrados.
Por iso, queremos terminar ofrecéndoos diferentes opcións para
liberar todas as tensións que poidades ter acumuladas. Da igual que teñades que
gritar, saltar, ou tolear un pouco. Lembrando palabras de Robin Williams: “La
vida solo te da una pequeña chispa de locura. No debes perderla”. Así que
non está mal que, por uns momentos, toleemos un pouquiño liberando o que
sentimos.
Como cada un somos como somos, cada quen pode adaptar as
actividades como lle fagan sentir mellor, pois o que se trata é de que
disfrutedes un ratiño soltando as vosas emocións.
Así ben, aquí van catro posibles alternativas para que
poñades en práctica aquela ou aquelas que máis os gusten:
1.
Cantar e/ou
tocar instrumentos. Podedes elixir
as cancións que máis vos gusten para cantalas a todo pulmón, aquelas coas que
vos sentides máis identificados nestes momentos, aquelas que os fan sentir
ledos, aquelas que sabedes de memoria a melodía e inventor/improvisar cantando
o que sentides. Podedes acompañalo de instrumentos reais ou improvisados:
maracas, pandeiro, cacerolada…O que importa é divertirse, montar balbordo e
botar fora todo o malo. Soamente pode quedar a sensación de paz e liberación adentro.
2.
Baile e/ou
expresión corporal. Con ou sen
música, lenta, rápida ou alterna, que vos faga gritar, brincar ou patalear.
Movédeos como queirades, deixade que o silencio ou a música marque os vosos movementos. Liberade
todo o que levades dentro. Deixarvos fluir a través dos vosos sentimentos.
3.
Debuxo e/ou obra
plástica. Collede todo o que teñades
en casa: pinturas, acuarelas, lápices, plastilina, terra, harina…e un lienzo
ben grande sobre o que expresarvos: chan, xardín, papel ou cartulina, sábana
vella…Podedes por música a toda pastilla, música suaviña, paxariños de fondo,
auga, fogo, sonido da vosa contorna… Armádevos de enerxía e soltádea enteriña,
xunto coas vosas emocións, a través das vosas obras, deixade que os vosos sentimentos
dirixan vosos trazos. Sentide quen sodes e liberádeo.
4.
Escritura. Non importa lápiz, boli ou pluma; papel, pergamino ou
ordenador. O que sí é relevante é que vos guste a expresión escrita e que
poidades liberar vosos sentimentos a través dela, expresar todo o que se vos
pase pola cabeza: palabras soltas, historias, versos…da igual cómo, soamente
importa que vos faga sentir ben, libres e sen tensións. Podedes repensarvos
para volver á realidade cun novo alento de cambio ou de rescate da vosa esencia
perdida entre tantas emocións confusas.
Esperando que disfrutedes desta proposta, vos envíamos unha aperta moi grande e desexamos que poidades desfrutar
destas vacacións con enerxía positiva renovada!
Comentarios
Publicar un comentario