Día Internacional das Familias

Bos días familias,

Como non podía ser doutro xeito, esta primeira entrada do blogue leva un tinte especial para todas vos, porque hoxe é o voso día, o día de cada unha de vos sen excepción: as familias.

E, como sociedade diversa que somos, tamén as nosas familias son diversas e é, precisamente, esa diversidade o que fai que cada familia sexa especial e maravillosa.

Por eso, neste día, gustaríame lembrar a importancia e valor que tedes como pilar fundamental, a base de apoio, para os vosxs fillxs e elxs para vos, porque é na unión donde nos fortalecemos e é de obriga disfrutar dos nosos. 

E, por iso, vos invito a esquecernos por un momento da situación na que nos atopamos e organizar nestes días, unha xornada diferente na que a única norma sexa disfrutar en familia. 

Tamén vos animo, aos que queirades, a compartir ideas e experiencias sobre o voso día especial deixando un comentario nesta entrada (podedes facelo de forma anónima se o preferides); pois pode servir como exemplo para outras familias e, como comunidade educativa que somos, unha gran familia a fin e ao cabo, será moi enriquecedor para todxs.

Moi bo Día da Familia! E enchámonos de amor dos nosos!


Comentarios

Entradas populares de este blog

Bolsas NEAE 2024/2025