Se ten medo a saír da casa
Benqueridas familias,
Continuamos coa segunda entrada do blogue. Xa levamos unhas semanas nas que os nenxs poden saír, pero non todxs queren e aínda hai rapazada que é reacia a saír.
Por iso, a entrada de hoxe vai adicada a aquelxs cativxs que presentan medo a saír da casa debido as excepcionais circunstancias que estamos a vivir.
Rescato dos recursos que tendes na páxina web do cole, na carpeta Eu quédome na casa do Departamento de Orientación, uns consellos do neuropsicólogo infantil Álvaro Bilbao.
Como podemos ver, este neuropsicólogo fainos ver que é esencial non forzar nin presionar, xa que o que conseguiríamos sería xerar maior angustia nos nenxs.
A idea que nos fai chegar Álvaro Bilbao, ven sendo a de empatizar co nenx, entender que é o que está sentindo e a que se deben eses medos, para poder ir desmontándoos dende a cercanía, a tranquilidade e o agarimo, pouco a pouco.
Outro punto importante que resalta é cómo podemos transmitirlle as nosas emocións e sentimentos. Se lles transmitimos tranquilidade e positividade, a súa angustia diminuirá. Pola contra, se o noso estado anímico tamén é de angustia será máis difícil desmontar os seus medos.
Finalmente, como nun principio, Álvaro Bilbao, volve a reiterarnos a idea de non forzar nin presionar as saídas, senón ofrecer a visión de diferentes realidades fóra (por exemplo, como outrxs nenxs saen a pasear sen angustia), para que a pouquiños vaia perdendo o medo e que, cando amose a suficiente confianza e seguridade para facelo, poda saír.
Así ben, estas reflexións, poden orientarnos non soamente con este tipo de situacións, senón con outros medos e angustias que podan presentar nalgún momento os nenxs.
Comentarios
Publicar un comentario