Xogos e Técnicas de Relaxación para nenxs
Xogos e Técnicas de Relaxación para nenxs
Nesta nova entrada, adicada a xogos e técnicas de relaxación, realízase un recopilatorio de algúns recursos que nos axuden a establecer algunha rutina diaria de relaxación, e/ou que podamos por en práctica en momentos determinados nos que as precisemos.
As diferentes estratexias son soamente algúns exemplos dos que podemos botar man e, é posible, que algúns de vós xa coñezades máis dunha.
Están ordeadas dende as máis apropiadas para os cativxs ata as máis axeitadas para os maiores. Pero moitas delas poden adaptarse ás diferentes idades:
- Animais: o obxectivo deste xogo é pasar de tensións musculares á relaxación. Por este motivo, ao igual que no recurso anterior, a idea é aproveitar a imaxinación para representar diferentes animais. Primeiro terá que imitar un animal pequeno, como a formiga (é moi pequeno e ten que mover brazos e pernas como unha pequena formiga). Despois poderá pasar a ser un animal máis grande e lixeiro, como unha aguia (que expande os seus brazos e voa lixeira e calmosa observando a magnífica paisaxe que ten baixo seus pés. Ir cambiando de animais que cambien o nivel de tensión, axudará a relaxarse. Debemos lembrar rematar cun animal calmoso e lixeiro.
- Tartaruga: tratase dunha técnica de relaxación que se basa en movementos lentos de brazos e mans para aprender a xestionar os enfados e a ira. No seguinte video podedes ver unha explicación máis detallada da mesma: Psicoloxía Infantil: A Técnica da Tartaruga.
- Globo: tratase dunha técnica que se basa na imaxinación e representación. Explicámoslle ao nenx que é un pequeno globo que se vai inflando pouco a pouco. Segundo se vai inflando os seus brazos e pernas vanse agrandando mentras que respira lentamente con calma. Do mesmo xeito, unha vez está inflado, volve a desinflarse lentamente con calma.
- Botellas sensoriais ou da calma Montessori. Adxunto enlace a video explicativo para facelas. Son botellas cheas de diferentes materiais que ao mover a botella móvense dentro de tal xeito que transmiten calma ao observalas, sendo un bo recurso para dar tranquilidade en momentos de nervios ou tensión. Cómo hacer Botellas de la Calma Montessori
- Masaxe antes de dormir: estas masaxes aplicadas de forma suave antes de dormir, poden axudar aos cativxs a relaxarse e conciliar mellor o sono. Nos próximos días, dedicaremos unha entrada para posibles rutinas antes de dormir, nas que incluiremos de xeito máis detallado explicacións sobre cómo se poden levar a cabo estas masaxes.
- Cóxegas: xogar ás cóxegas é unha técnica moi boa para pasar bos momentos en familia, queimar un pouco de enerxía e rematar con música relaxante e outra técnica como o uso da respiración para volver á calma.
- Ioga: o ioga para nenxs é un recurso que pode sernos de axuda para conseguir establecer un momento de relaxación en familia nas rutinas diarias. Pódense atopar moitos videos explicativos con sesións para realizar cos pequenxs en familia: Canal Yoga Para Niños Smile and Learn Yoga para Niños de ColegioBlestGana
- Método Koeppen: iría un pouco en consonancia coa técnica de animais, pero se pode enfocar para nenos un pouco máis maiores. A idea é tensar e relaxar diferentes partes do corpo. Vos deixo videos a algunha sesión de exemplo: Método Koeppen (explicación máis visual) Sesión preparada con sonido y música relajante
- Respiracións. Unha técnica que se pode levar a cabo e a realización de respiracións lentas e profundas. Tumbados boca arriba, coas mans na panza, debemos notar como se infla e desinfla coas nosas respiracións. Para conseguir realizalas de xeito máis tranquilo, podemos ir contando tempos determinados para inspirar e expirar o aire (coller aire a modiño polo nariz durante 2, 3, 4 segundos e soltalo pola boca en 4, 5, 6, 10 segundos). A música relaxante suaviña de fondo pode axudar a obter unha mellor relaxación.
Algo que debemos ter en conta para realizar as relaxacións, é o ambiente no que as levamos a cabo. Debe ser un lugar tranquilo, relaxante, minimizando os estímulos visuais e auditivos, cunha temperatura axeitada e luz tenue. Podemos aproveitar a música relaxante suave e utilizar a imaxinación que dos nenxs para facelos entrar nun estado de calma, primando os movementos lentos. Unha boa opción sería realizalas nos casos que sexa posible nun entorno natural e libre de ruidos artificiais, no que o silencio do balbordo deixe ouvir aos paxaros, os ríos, os grilos...Probablemente sexa a mellor música relaxante que lles podamos ofrecer.
Para rematar, déixovos o enlace a un videoconto que pode servos de axuda para iniciar algunhas destas técnicas, tendo en conta a respiración: Respira (videocuento)
Para rematar, déixovos o enlace a un videoconto que pode servos de axuda para iniciar algunhas destas técnicas, tendo en conta a respiración: Respira (videocuento)
Comentarios
Publicar un comentario