Entradas

Mostrando entradas de junio, 2020

Expresamos e liberamos as nosas emocións

Imagen
Nesta nova entrada, con vistas ao remate das clases, propoñémovos diferentes tipos de actividades, para realizar individualmente ou compartir en familia, coas que poidades expresar libremente as vosas emocións, sensacións… Sabemos que este curso foi diferente, cheo de imprevistos e, probablemente, confusión e sentimentos encontrados. Por iso, queremos terminar ofrecéndoos diferentes opcións para liberar todas as tensións que poidades ter acumuladas. Da igual que teñades que gritar, saltar, ou tolear un pouco. Lembrando palabras de Robin Williams: “La vida solo te da una pequeña chispa de locura. No debes perderla”. Así que non está mal que, por uns momentos, toleemos un pouquiño liberando o que sentimos. Como cada un somos como somos, cada quen pode adaptar as actividades como lle fagan sentir mellor, pois o que se trata é de que disfrutedes un ratiño soltando as vosas emocións. Así ben, aquí van catro posibles alternativas para que poñades en práctica aquela

Resolución positiva de conflictos entre irmáns

Imagen
Nesta ocasión imos centrarnos en realizar un pequeno recopilatorio con claves e consellos para minimizar os conflictos entre irmáns e buscar a resolución positiva dos mesmos. O que tamén mellorará o ambiente xeral no fogar. Que debemos evitar? Comparacións entre irmáns . As comparacións entre irmáns tenden a xerar sentimentos de inferioridade nalgún dxs nenxs, o que repercute na súa autoestima. Consecuentemente, pode fomentar celos entre irmáns. Bo e malo ou xulgar aos nenxs . Está relacionada coa clave anterior. Inconscientemente podemos tender a "etiquetar" de bos e malos aso nenxs sen tan sequera decilo de forma directa (culpando de forma xeralizada a un deles, moitas veces ao maior, consolando xeralmente ao mesmx...). Asimesmo, chegar a "etiquetar" aos nenxs pode crear neles unha tendencia a comportarse segundo ás nosas expectativas, polo que se tendemos a indicar que é traste, malo, é probable que inconscientemente esteamos fomentando esas conductas.

Rutinas e Exercicios para Relaxarse antes de Durmir

Imagen
Nesta nova entrada, vamos a facer un recopilatorio de posibles rutinas ou exercicios para que os nenxs poidan relaxarse antes de durmir. Como sabemos, todos somos diversxs e, polo tanto, non nos relaxamos do mesmo xeito, polo que pode ser que as rutinas que a algúns nenxs lle funcionan non sirvan para outrxs.  O obxecto deste recopilatorio non é máis que ofrecervos diferentes alternativas para axudarvos a buscar aquelas técnicas que mellor se poidan adaptar á idade e características dos vosxs fillxs. Baño/ducha relaxante . A temperatura da auga non debe ser excesivamente quente (preferiblemente tibia).Tamén debemos ter en conta que axudará que a temperatura ambiente sexa axeitada. A duración do baño irá supeditada ao rápido que se enfríe a auga no caso de darse un baño, pero sería bo que durase cando menos arredor duns  10' . Conto . Por norma xeral, a lectura de contos tende a xerar calma nos nenxs. Así ben, existen determinados contos ou lecturas que poden reforzar e