Resolución positiva de conflictos entre irmáns
Nesta ocasión imos centrarnos en realizar un pequeno recopilatorio con claves e consellos para minimizar os conflictos entre irmáns e buscar a resolución positiva dos mesmos. O que tamén mellorará o ambiente xeral no fogar.
Que debemos evitar?
- Comparacións entre irmáns. As comparacións entre irmáns tenden a xerar sentimentos de inferioridade nalgún dxs nenxs, o que repercute na súa autoestima. Consecuentemente, pode fomentar celos entre irmáns.
- Bo e malo ou xulgar aos nenxs. Está relacionada coa clave anterior. Inconscientemente podemos tender a "etiquetar" de bos e malos aso nenxs sen tan sequera decilo de forma directa (culpando de forma xeralizada a un deles, moitas veces ao maior, consolando xeralmente ao mesmx...). Asimesmo, chegar a "etiquetar" aos nenxs pode crear neles unha tendencia a comportarse segundo ás nosas expectativas, polo que se tendemos a indicar que é traste, malo, é probable que inconscientemente esteamos fomentando esas conductas.
- Non ver o conflicto como algo negativo. A vida está chea de conflictos e non é malo que xurdan, senón que o problema estaría en cómo resolvemos os mesmos.
Como podemos enfocar os conflictos de xeito positivo?
- Comunicación axeitada. Fomentar a empatía e a escoita activa. A idea é escoitar a todas as partes e intentar porse no seu lugar, entender cómo se sinten e por qué. Partir da escoita e o entendemento para poder solucionar os conflictos.
- Fomentar o agarimo entre irmáns. Que pasen tempo realizando actividades do seu interese, actividades cooperativas con bo clima, actividades artísticas e dinámicas nas que poidan expresarse libremente...A idea é potenciar unha boa relación entre elas a través de actividades nas que se sintan a gusto compartíndoas. Reforzar estos momentos de armonía para que sexan conscientes do ben que o poden pasar xuntxs.
- Establecer normas claras. Pódese facer como unha actividade familiar conxunta na que entre todxs se decida cales son as normas básicas de convivencia que se deben seguir no fogar. Poden aproveitar para expresar que cousas lles molestan e lles fan sentir mal.
- Guiarlles para que aprendan a resolver os seus conflictos de forma positiva. Para conseguilo debemos enfocarnos na solución e non no problema. Que é o que pasa? Cómo me sinto? Por qué me sinto así? Cómo podemos solucionalo? Intentar aportar sensacións de calma para que o ambiente vaia perdendo tensión e poder axudarlles a solucionar o conflicto dende a tranquilidade.
- Ser un modelo. Non hai dúbida de que dende a nosa primeira infancia aprendemos por imitación. O mellor xeito de que os nenxs aprendan a solucionar os seus conflictos de forma positiva é ser un modelo de comportamento para elxs. Mostrarlle calma e resolución positiva de conflictos na nosa vida diaria axudaralles a interiorizar esas pautas, e pouco a pouco aplicalas na súa realidade e ante os seus propios conflictos.
Espero que estes pequenos apuntes vos podan axudar na creación dun mellor ambiente no fogar, especialmente nas circunstancias actuais nas que o nivel de tensión tende a ser maior.
Comentarios
Publicar un comentario