Rutinas e Exercicios para Relaxarse antes de Durmir
Nesta nova entrada, vamos a facer un recopilatorio de posibles rutinas ou exercicios para que os nenxs poidan relaxarse antes de durmir. Como sabemos, todos somos diversxs e, polo tanto, non nos relaxamos do mesmo xeito, polo que pode ser que as rutinas que a algúns nenxs lle funcionan non sirvan para outrxs.
O obxecto deste recopilatorio non é máis que ofrecervos diferentes alternativas para axudarvos a buscar aquelas técnicas que mellor se poidan adaptar á idade e características dos vosxs fillxs.
- Baño/ducha relaxante. A temperatura da auga non debe ser excesivamente quente (preferiblemente tibia).Tamén debemos ter en conta que axudará que a temperatura ambiente sexa axeitada. A duración do baño irá supeditada ao rápido que se enfríe a auga no caso de darse un baño, pero sería bo que durase cando menos arredor duns 10' .
- Conto. Por norma xeral, a lectura de contos tende a xerar calma nos nenxs. Así ben, existen determinados contos ou lecturas que poden reforzar ese sentido, coma o monstruo de cores para os máis cativos (no que a última emoción é a calma, respirar profundo, e podemos aproveitar dende aquí para modular a voz e rematar o conto con voz suave). A modulación do tono de voz e a velocidade de lectura pódese realizar con calquera conto a medida que vai a rematar, xa que lles pode axudar a entrar no ambiente de calma. Incluso se pode rematar o conto cunha frase feita tipo: "E colorín colorido, respiramos profundo (faise a respiración profunda e lenta) e durmimos". Cos máis maiores, moitas veces eles mesmos teñen lecturas do seu agrado para poder ler un pouco antes de durmir e entrar nese estado de calma.
- Masaxe. Para realizar unha masaxe relaxante antes de durmir, primeiro deberemos crear un ambiente axeitado: luz tenue, pódese por música suaviña relaxante ou sonidos como de auga, fogo...suaviños. A masaxe pode realizarse de diferentes modos, pero vos deixo un exemplo: Masaxe para Nenxs
- Diario. No que poidan expresar as actividades que fixeron durante o día e/ou as emocións que experimentaron. É recomendable rematar sempre con aspectos positivos, para que as sensacións antes de durmir tamén sexan positivas.
- Confidencias. Vai en consonancia co anterior. Hai nenxs que prefiren escribir e outrxs falar. Por ese motivo unha boa técnica tamén é a de falar de qué tal foi o día, as sensacións e emocións vividas, cómo as afrotnaron... e, do mesmo xeito, intentar rematar falando de cales son aspectos máis bonitos ou os momentos nos que se sentiron máis ledos ou satisfechos (por exemplo, enfadeime moito pero síntome ben porque soupen reaccionar e xestionar ben o enfado).
- Cantar. Hai persoas que prefiren a música para se relaxar. Esto pode levar a que unha boa forma de entrar en calma sexa cantar e/ou tatarexar algunha canción antes de durmir (ou cos máis pequenxs que lla canten ou tatarexen).
- Respiracións. A realización de respiracións profundas e lentas (que poderían ser guiadas) tamén axudan a entablar un estado de calma. A inspiración debe realizarse polo nariz e a expiración pola boca.
Espero que o recopilatorio de ideas poida servos de axuda e anímovos a que os que queirades expoñades cómo se relaxan os voso fillxs antes de durmir, xa que podedes dar novas alternativas para outras familias.
Comentarios
Publicar un comentario