Nesta nova entrada, con vistas ao remate das clases, propoñémovos diferentes tipos de actividades, para realizar individualmente ou compartir en familia, coas que poidades expresar libremente as vosas emocións, sensacións… Sabemos que este curso foi diferente, cheo de imprevistos e, probablemente, confusión e sentimentos encontrados. Por iso, queremos terminar ofrecéndoos diferentes opcións para liberar todas as tensións que poidades ter acumuladas. Da igual que teñades que gritar, saltar, ou tolear un pouco. Lembrando palabras de Robin Williams: “La vida solo te da una pequeña chispa de locura. No debes perderla”. Así que non está mal que, por uns momentos, toleemos un pouquiño liberando o que sentimos. Como cada un somos como somos, cada quen pode adaptar as actividades como lle fagan sentir mellor, pois o que se trata é de que disfrutedes un ratiño soltando as vosas emocións. Así ben, aquí van catro posibles alternativas para que poñades en práctica aquela ...
Prazo: do 30/04/2024 ao 13/09/2024 Gustaríame deixarvos diferentes enlaces á información de Becas NEAE, para aquel alumnado que presente necesidades específicas de apoio educativo derivadas de: discapacidade (igual ou superior ao 25%), trastornos graves de conduta, trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais ou altas capacidades. Tamén se inclúe alumnado con TDAH cunha discapacidade recoñecida (igual ou superior ao 25%), ou que presente un trastorno grave de conducta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais. A data de entrega é ata o 13 de setembro . Debedes cumprimentar a solicitude en liña, imprimila, asinala e deixala con toda a documentación pertinente en administración, para darlle rexistro de entrada. Despois será revisada e, de faltar algunha documentación, se vos notificará para que a poidades achegar. Tedes toda a información máis detallada de cómo tramitar as becas nos ...
Comentarios
Publicar un comentario