Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2020

Xogos e Técnicas de Relaxación para nenxs

Imagen
Xogos e Técnicas de Relaxación para nenxs Nesta nova entrada, adicada a xogos e técnicas de relaxación, realízase un recopilatorio de algúns recursos que nos axuden a establecer algunha rutina diaria de relaxación, e/ou que podamos por en práctica en momentos determinados nos que as precisemos. As diferentes estratexias son soamente algúns exemplos dos que podemos botar man e, é posible, que algúns de vós xa coñezades máis dunha. Están ordeadas dende as máis apropiadas para os cativxs ata as máis axeitadas para os maiores. Pero moitas delas poden adaptarse ás diferentes idades: Animais : o obxectivo deste xogo é pasar de tensións musculares á relaxación. Por este motivo, ao igual que no recurso anterior, a idea é aproveitar a imaxinación para representar diferentes animais. Primeiro terá que imitar un animal pequeno, como a formiga (é moi pequeno e ten que mover brazos e pernas como unha pequena formiga). Despois poderá pasar a ser un animal máis grande e lixeiro, como

Se ten medo a saír da casa

Imagen
Benqueridas familias, Continuamos coa segunda entrada do blogue. Xa levamos unhas semanas nas que os nenxs poden saír, pero non todxs queren e aínda hai rapazada que é reacia a saír.  Por iso, a entrada de hoxe vai adicada a aquelxs cativxs que presentan medo a saír da casa debido as excepcionais circunstancias que estamos a vivir.  Rescato dos recursos que tendes na páxina web do cole, na carpeta Eu quédome na casa do Departamento de Orientación,  uns consellos do neuropsicólogo infantil Álvaro Bilbao. Como podemos ver, este neuropsicólogo fainos ver que é esencial non forzar nin presionar, xa que o que conseguiríamos sería xerar maior angustia nos nenxs. A idea que nos fai chegar Álvaro Bilbao, ven sendo a de empatizar co nenx, entender que é o que está sentindo e a que se deben eses medos, para poder ir desmontándoos dende a cercanía, a tranquilidade e o agarimo, pouco a pouco. Outro punto importante que resalta é cómo podemos transmitirlle as n

Día Internacional das Familias

Imagen
Bos días familias, Como non podía ser doutro xeito, esta primeira entrada do blogue leva un tinte especial para todas vos, porque hoxe é o voso día, o día de cada unha de vos sen excepción: as familias. E, como sociedade diversa que somos, tamén as nosas familias son diversas e é, precisamente, esa diversidade o que fai que cada familia sexa especial e maravillosa. Por eso, neste día, gustaríame lembrar a importancia e valor que tedes como pilar fundamental, a base de apoio, para os vosxs fillxs e elxs para vos, porque é na unión donde nos fortalecemos e é de obriga disfrutar dos nosos.  E, por iso, vos invito a esquecernos por un momento da situación na que nos atopamos e organizar nestes días, unha xornada diferente na que a única norma sexa disfrutar en familia.  Tamén vos animo, aos que queirades, a compartir ideas e experiencias sobre o voso día especial deixando un comentario nesta entrada (podedes facelo de forma anónima se o preferides); pois pode servir co

Obxectivos do Blogue

Imagen
O presente blogue créase coa intención de facervos chegar ás familias recursos de axuda e apoio, especialmente a nivel emocional.  Cobra vida nunhas circunstancias excepcionais, nas que é necesario que todos esteamos máis cerca que nunca, a pesar do afastamento, e xuntar as nosas forzas en clamor do benestar común. Por este motivo, se ben dispoñedes dunha carpeta repleta de recursos na páxina web do centro: Eu quédome na casa , aquí centrarémonos no ámbito máis importante agora mesmo, o emocional.  Deste xeito, iremos publicando diferentes entradas, con recursos diversos, que poidan servir de apoio á magnífica labor que estades levando a cabo cos vosxs fillxs nestes momentos. E que mellor día que o 15 de mayo, Día Internacional das Familias, para darlle vida a este blogue adicado a vos.